Actualidade
Novas e Axenda Bota un ollo á actividade do GEA

Seminario ‘Itinerarios Culturais e Contornas Inmersivas. Fronteiras para a Innovación Tecnolóxica, Psicoambiental e Turístico-Patrimonial’

O GEA participa na organización do seminario 'Itinerarios Culturais e Contornas Inmersivas. Fronteiras para a Innovación Tecnolóxica, Psicoambiental e Turístico-Patrimonial', que terá lugar o luns 24 de novembro.

20/11/2025

Nun contexto de crecente dixitalización e demanda por experiencias máis inmersivas, o turismo cultural atópase ante a oportunidade de integrar tecnoloxías emerxentes e realidade virtual para enriquecer os seus itinerarios. Incorporando elementos lúdicos, psicolóxicos, educativos e de participación, estes novos modelos atraen a públicos novos, presentando un alto potencial para transformar a experiencia turística e a súa relación e interpretación co patrimonio.

Desta premisa parte unha proposta de investigación interdisciplinar na USC que se presentará o vindeiro luns 24 de novembro na Facultade de Xeografía e Historia: “Itinerarios Culturais e Contornas Inmersivas. Fronteiras para a Innovación Tecnolóxica, Psicoambiental e Turístico-Patrimonial”. A conversa xirará arredor do fusionamento do patrimonio territorial e as contornas virtuais, co obxectivo de explorar e avaliar o uso das tecnoloxías inmersivas e as súas posibilidades como ferramenta innovadora para o deseño, a comunicación, a promoción e a difusión de Itinerarios Culturais Virtuais (ICV), con énfase no seu impacto experiencial e comunicativo.

O seminario será presentado pola secretaria do departamento de Xeografía, María de los Ángeles Piñeiro, e nel intervirán os principais investigadores: a directora do Centro de Estudos e Investigacións Turísticas (CETUR) e investigadora do Grupo de Análise Territorial (ANTE), Lucrezia López; o director técnico de VIRTUS (Plataforma para a Investigación Virtual da USC) e membro do GEA, Roi Méndez; e a coordinadora do grupo de investigación ULTRAMAR da USC, María del Mar Durán.

Pola tarde e tralas conferencias, realizarase un workshop sobre platós virtuais e experiencias inmersivas na Facultade de Ciencias da Comunicación. A inscrición para asistir ao seminario realizarase na seguinte ligazón:
https://forms.cloud.microsoft/e/mCknCBwTFm?origin=lprLink

MÁIS NOVAS
Aberta a inscripción para a décimo terceira edición do CO(M)XÉNERO.”Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.
O seminario terá lugar os días 10 e 11 de novembro no Visionado 1 e Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.
23/09/2026

Os días 10 e 11 de novembro a Facultade de Comunicación acollerá a decimoterceira edición do seminario CO(M)xénero, este ano titulada “Erro inesperado.  Artesás e sintéticas contra as violencias na imaxe pública”.  A inscrición xa está aberta, a participación é de balde ate completar aforo e a asistencia ó seminario é unha actividade recoñecida para […]

Seguir lendo
O Grupo Estudos Audiovisuais aborda o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural con figuras expertas da academia e do sector audiovisual 
O II Simposio Internacional LEXCAV terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o 29 e 30 de xuño e servirá de peche ao proxecto do mesmo nome
09/06/2026

A aprobación da Lei Xeral do Audiovisual en 2022 actualizou o marco normativo español en materia audiovisual, abordando algúns dos retos presentados por axentes como as plataformas de streaming pero deixando abertos algúns outros no relativo á protección da diversidade. O proxecto LEXCAV, financiado polo Programa Estatal de I+D+i Orientada a los Retos de la Sociedad e desenvolvido polo Grupo Estudos Audiovisuais, ten realizado nos […]

Seguir lendo
Recoñecemento ao talento de Margarita Ledo e Manuel Barreiro na V Gala da Cultura
30/04/2026

O Teatro Colón da Coruña foi o escenario este venres da V Gala da Cultura, unha cita na que a Deputación da Coruña reuniu 19 persoas premiadas en 13 categorías. O evento, presentado pola xornalista Susana Pedreira e o actor e músico Xoán Fórneas, contou coa actuación de Caamaño & Ameixeira e cunha destacada presenza […]

Seguir lendo
© 2026 Estudos Audiovisuais